jueves, 23 de enero de 2014

Cronica

CRONICA DA RUTA MAZO DO MEREDO Saíamos como é a nosa costume de Ferreira ó redor das oito da mañá para dirixirnos ó punto de partida da nosa próxima ruta, Vegadeo, ou A Veiga, como tamén se coñece, localidade que adoitaba visitar cos meus país de pequeno porque nela viviron en tempos meus tíos maternos por motivos de traballo. Fixemos como de costume unha primeira parada nun bar para o café, (ou o que se terciase), parada que nesta ocasión se produceu na mesma Veiga. Foi aquí dónde recibín o anuncio, non por esperado menos temido, de que eu sería , na miña condición de novato, o encargado de realizar a crónica da ruta. Tras o regrigerio desplazámonos de novo, autobús (microbús, neste caso) mediante , uns quilómetros á parte alta do pobo para realizar a saída, de forma que pasamos por diante do cuartel da Garda Civil no que pasei alguna tempada na miña infancia, (de visita, claro).

Unha vez iniciada a marcha, o primeiro que me chamou poderosamente a atención foi ver saír a Javier do bús cunha prenda de roupa de manga larga baixo o brazo, unha chaqueta que, incluso, chegou a vestir en parte do recorrido. Recuperado deste shock inicial, comezamos a caminata ascendendo, despois de cruzar por entre unhas casas por unha pista forestal, mostra do tipo de camiños que nos esperarían na mayoría da ruta, pistas bastante anchas e cómodas interrumpidas por algún tramo de carretera asfaltada pero nas que se observaban os efectos dos vendavais de fechas recientes. Nesta parte do camino as conversacións trataban, entre outras cousas, da posibilidade de que, contra todo pronóstico, o camino se desenrolara con tempo seco. Proféticas palabras, como non tardaríamos en saber.

Constataba nestes primeiros momentos que a paisaxe, como por proximidade xeográfica e cultural, (a cultura do “ocálitro”) se podía supoñer non distaba moito, en canto a flora da que podemos ver na nosa zona, cousa que me facilita as cousas dada a miña supina ignorancia a hora de identificar árbores que non sexan pinos ou eucaliptos, especies que abundaban durante o noso recorrido (supoño que algúns dos meus compañeiros se estarán tirando dos pelos ó ver o limitado dos meus coñecementos ó respecto).

Tras aproximadamente unha hora de camiño, mentras pasábamos por un pequeno caserío rural habitado, entre outros por un can enorme e con mala uva que, gracias a quen corresponda non andaba solto e por un cabritiño pequeno ó que sólo lle faltaba o lazo rojo para presentarse a un casting de Norit, as peores pero máis lóxicas previsións fixéronse realidade e, despois de varios amagos anteriores, comezou a chover xa en serio. Era para min o momento , tras catro rutas anteriores de, por fin (é un dicir, non tiña gana ningunha) estrenar o meu flamante poncho, non sen certa dificultade dada a miña torpeza e falta de experiencia pero, despois de intentar meter a cabeza por unha manga para posteriormente colocalo ó revés e mediante a axuda de Vanessa e Manolo, conseguín vestilo correctamente.

Proseguíamos así o noso camiño baixo a auga sen maiores contratempos por pistas de escasa dificultade a excepción de restos de ramas arrancadas polos temporales e algún que outro charco esporádico ata chegar, ó filo do mediodía ó lugar máis representativo que ademáis lle da nome á ruta: O Mazo do Meredo. Era éste un recuncho tranquilo a marxe dun río, (non sei cal, non me pegues Angel), acondicionado par o excursionismo con bancos e mesas e donde o que máis destacaba unha bonita fervenza de boas dimensións e un grupo de edificios antigos restaurados cun mecanismo hidráulico de madeira, (non iba a ser de titanio) que lle da nome ó conxunto, o Mazo do Meredo, unha especie de batán, creo, xa que nese momento non funcionaba.

Era o momento propicio pola hora, o lugar e porque ademáis a choiva nos daba un respiro (pero sobre todo porque así estaba planeado ) para o consabido avituallamento de media ruta donde repousar un pouco e “trapiñar” algunha lambetada. Foi tamén o momento de facer unha foto de grupo coa fervenza de fondo baixo a amenaza de que Javi, nunha das súas chanzas nos anegara a todos abrindo unha comporta do canal.

Despois de reanudar a marcha a choiva non tardou en reaparecer, xustamente cando o que suscribe se acababa de decidir a quitar o poncho; afortunadamente a experiencia é un grado e desta vez non tardei tanto en poñelo. A auga xa nos acompañaría de forma pertinaz todo o resto do camiño. Tras uns quilómetros de subidas e baixadas chegamos ás cercanías dun gran edificio de aspecto antigo que, según Angel, sempre informado sobre todo o relacionado coas rutas fora en tempos un orfanato e que nestes momentos se estaba restaurando para convertilo nun hotel. Foi precisamente alonxándonos deste edificio donde nos atopamos o tramo máis complicado da ruta, unha pendiente estreita e esbaradiza que a auga e algunhas árbores derrubadas facían máis incómoda, ó ter que pasar por debaixo das súas ramas.

Como teño observado en outras rutas das chamadas “circulares”, o primeiro e o último tramo poden coincidir no seu trazado e, neste caso, a apróximadamente unha milla, (guiño ) do fin do recorrido, éste repetíase. Curiosamente, inda que á ida o camiño era ascendente, á volta este convertíase en pendiente descendente, (cricri, cricri,...). Chorradas aparte, recorrimos esta última parte cómodamente por unha pista que a choiva estaba convertendo nun regato e con máis charcos que á ida pero sen maiores problemas e coa idea na mente, polo menos no meu caso, de chegar ó bus para poñer algo de roupa seca.

Tralo proceso de muda desplazámonos de novo á ¨Veiga para o consabido ágape na sidrería A Barrica, xantar amenizado polas “melodiosas” e cantarinas voces da parroquia infantil da mesa contigua. Polémicas aparte, a comida transcurriu de forma satisfactoria tanto en cantidade como en calidade, (algúns pasámonos coa cantidade) e coa sorpresa final por parte do noso estimado presidente do reparto de talonarios de rifas que foron recibidos coa algarabía xeral (ejem). Entre unhas e outras chegou o momento do regreso a Ferreira o cal tivo como máxima novidade a compañía no bus de dúas mulleres que se dirixían a Mondoñedo, todo un alarde de practicidade por parte do noso chofer. Tras unha despedida máis rápida do acostumado por mor da choiva, emplazámonos todos para encontrarnos na próxima cita, si non me equivoco en Allariz.Alí espero encontrarvos a todos. ¡Ata a próxima !

Jose Gonzalez Veiga